Entradas

Reunión informativa: mostra cultural galega

Imagen
Con vistas ao jobshadowing que realizarán tres profesoras de Galati a última semana de abril, comezamos a planificación das actividades que lles ofreceremos durante a súa estancia. Unha delas será unha mostra cultural galega onde participarán docentes e alumnado do IES de Mos. Para isto, convocamos unha reunión informativa o venres 31 da semana que vén:

Jobshadowing en Galati, Rumanía

Imagen
  As nosas compañeiras Diana e Carmela comezaron este luns 20 de marzo o seu jobshadowing en Galati! Recibiunas o Danubio, pero tamén as profesoras e profesores do centro Costachi Negri, que lles deron unha marabillosa benvida chea de doces. Seguro que este jobshadowing traerá moitas cousas boas 😊

Jobshadowing en Loudun (Francia)

Imagen
    

Reunión co profesorado (02/02/2023)

Imagen
       O pasado xoves 2 e venres 3 de febreiro tiveron lugar dúas reunións nas que se informou ao profesorado sobre a solicitude do Proxecto a Curto prazo (curso 2023/2024).           Nestas reunións deuse a coñecer este novo proxecto e a necesidade de que todo o claustro sexa coñecedor desta nova solicitude. Como novidade, comezaremos con mobilidades de alumnado. Manterase a posibilidade de realizar jobshadowing e tamén de formarse a través dos cursos que oferta a páxina de School Education Gateway.           ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Dublín

Imagen
  DUBLÍN 💚     As nosas compañeiras e profesoras do IES de Mos, Carmela, Maite e Diana, viaxaron a Dublín para mellorar as súas destrezas na lingua inglesa. Para elo, acudiron a Europass Academy Dublin , un centro especializado en formación do profesorado.     Alí, ademais de coñecer a fermosa cidade de Dublín, coñeceron a profesores doutras partes de Europa cos que puideron compartir experiencias e practicar a falar en inglés.                                                   **********************************     Our colleages and teachers at IES de Mos, Carmela, Maite and Diana, have been to Dublin so that they could improve their English language skills. In other to do so, they have been attending Europass Academy Dublin, specialised in teacher trainning.     There, apart from enjoying the beautiful city of Dublin, they have met teachers from all around the world with whom they could share experiences at the same time that they could speak in English.

Resumo do proxecto Erasmus+ 22-23

Como moitas familias e alumnado están preguntando que é isto do Erasmus+, achegámosvos unha especie de resumo do que vai implicar este primeiro pequeno proxecto no curso 22-23. O obxectivo é ampliar o Erasmus+ solicitando un novo proxecto para o curso seguinte, que xa implique a mobilidade de pequenos grupos de alumnas e alumnos, e que durante este curso xa comecemos con actividades transversais e actividades relacionadas coas temáticas principais que se traballarán. Para máis información, deixamos aquí unha presentación e avisaremos en canto se abran as redes sociais para divulgar o proxecto.   Presentación sobre Erasmus 22-23    E se alguén precisa máis información, falade coa vosa titora ou titor para que pida información ás coordinadoras Erasmus+.

1ª REUNIÓN ERASMUS +

Imagen