Resumo do proxecto Erasmus+ 22-23

Como moitas familias e alumnado están preguntando que é isto do Erasmus+, achegámosvos unha especie de resumo do que vai implicar este primeiro pequeno proxecto no curso 22-23. O obxectivo é ampliar o Erasmus+ solicitando un novo proxecto para o curso seguinte, que xa implique a mobilidade de pequenos grupos de alumnas e alumnos, e que durante este curso xa comecemos con actividades transversais e actividades relacionadas coas temáticas principais que se traballarán.

Para máis información, deixamos aquí unha presentación e avisaremos en canto se abran as redes sociais para divulgar o proxecto.

 Presentación sobre Erasmus 22-23

  

E se alguén precisa máis información, falade coa vosa titora ou titor para que pida información ás coordinadoras Erasmus+.

Comentarios