Reunión co profesorado (02/02/2023)

     O pasado xoves 2 e venres 3 de febreiro tiveron lugar dúas reunións nas que se informou ao profesorado sobre a solicitude do Proxecto a Curto prazo (curso 2023/2024). 

        Nestas reunións deuse a coñecer este novo proxecto e a necesidade de que todo o claustro sexa coñecedor desta nova solicitude. Como novidade, comezaremos con mobilidades de alumnado. Manterase a posibilidade de realizar jobshadowing e tamén de formarse a través dos cursos que oferta a páxina de School Education Gateway.

        ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!



Comentarios